Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
MOTOR

Baixan as vendas de motos eléctricas

O ano 2023 chega ao seu ecuador e as matriculacións de unidades 100% eléctricas de motos e vehículos lixeiros (categoría L) seguen sen corresponderse co bo comportamento que está a demostrar este sector cando se trata de motores de combustión. Mentres que o primeiro semestre do ano pecha cun aumento do 8,9% en xeral, as vendas de motos e vehículos lixeiros que funcionan só con electricidade caen un 16,1%, contabilizando  contabilizado un total de 7.460 unidades.


O Plan MOVES non está a funcionar e, a pesar de que a dedución do 15% do IRPF para a compra de vehículos eléctricos que acaba de poñer en marcha o Executivo sexa unha boa medida (aínda que mellorable, porque deixa fóra a ciclomotores e motocicletas de máis de 10.000 euros –sen impostos-), o certo é que non é suficiente. Por iso, a Asociación Nacional de Empresas do Sector das Dúas Rodas (ANESDOR) pide “novas receitas” sexa cal for o Goberno resultante das próximas eleccións xerais do 23 de xullo.


Ademais dos malos datos mencionados, por mercados, de xaneiro a xuño, o da moto eléctrica baixa un 19,9% ata as 6.510 unidades, con caídas en ciclomotores (-12,7%), scooters (-19,9%) e motocicletas (-45,2%). Son cifras negativas lastradas polo mes de xuño, no que o descenso é aínda máis marcado. Baixa o conxunto do sector lixeiro eléctrico un -31,7% (1.217 unidades contabilizadas) e, en concreto, caen as motos eléctricas (-36,6%), tanto en ciclomotores (-58,5%) como en scooters (-17,4%) e en motocicletas (-39,8%).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.