Miércoles, 03 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 16 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Arévalo busca unha solución ao servizo de saneamento en San Antoíño

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e representantes da Comunidade de Propietarios de San Antoíño xunto coa súa Administradora reuníronse co Consorcio de Augas do Louro esta semana  no Concello de Mos para tratar sobre a xestión da solución definitiva ao servizo de saneamento na urbanización da parroquia de Louredo.

 

Durante a reunión, que tivo lugar no salón de sesións, estiveron presentes tamén o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, o xerente do Consorcio de Augas do Louro, Rufino Rodríguez, e o técnico de administración xeral do Concello de Mos, Víctor Rodríguez. O obxectivo principal do encontro foi abordar o proxecto da rede de saneamento da urbanización e a recepción das obras.

 

Segundo fontes do Concello, antes de que as obras sexan recepcionadas, os veciños deberán subsanar as deficiencias detectadas. Neste sentido, a administración local mosense mostrou a súa vontade de mediar e colaborar coa Comunidade de Propietarios de San Antoíño para resolver os problemas que afectan á urbanización.

 

"A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, sempre estivo disposta a colaborar coa Comunidade de Propietarios de San Antoíño. O noso Concello non lles vai dar as costas nin deixalos sós", afirmaron fontes do Concello. A administración municipal busca actuar como mediadora para alcanzar unha solución á recepción das obras da urbanización.

 

É importante recordar que o Consorcio de Augas do Louro aprobou un crédito extraordinario no inicio deste ano para investir na eliminación de verteduras en áreas sen rede de saneamento en Mos. Esta actuación inclúe a contorna da urbanización San Antoíño, así como varios núcleos das parroquias de Cela e Sanguiñeda. A contratación do proxecto da parte exterior do saneamento de San Antoíño é responsabilidade de Augas de Galicia, mentres que a execución está a cargo do Consorcio de Augas do Louro.

 

O Concello de Mos desempeña un papel mediador neste proceso entre a Comunidade de Propietarios e o Consorcio de Augas do Louro co obxectivo de atopar unha solución para a conexión á rede de saneamento das vivendas na Urbanización de San Antoíño. O seu obxectivo final é alcanzar unha solución definitiva para o servizo de saneamento en San Antoíño.

 

Na reunión de traballo celebrada esta semana en Mos, estableceronse as directrices a seguir neste proceso no que tanto o Consorcio como os propietarios están implicados, coa administración local de Mos a actuar como mediadora para axudar a que a instalación final da rede de saneamento en San Antoíño sexa unha realidade no menor tempo posible.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.