Vigo
O Casco Vello de Vigo amplía a súa actividade cultural
A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello, Ana Ortiz, acudiu este sábado á inauguración dun novo establecemento na rúa Ferrería
A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, Ana Ortiz, acudiu este sábado á inauguración dun establecemento nun local do barrio histórico da cidade rehabilitado polo organismo autónomo dentro da iniciativa para alugar baixos comerciais a emprendedores.
A representante autonómica destacou a apertura da escola “Maxia na manga” e apuntou á reactivación da zona grazas ao concurso público que logrou adxudicar 20 locais. O proceso aberto polo organismo autónomo pechouse o pasado ano e a maioría dos adxudicatarios, entre eles artesáns, autónomos, profesionais liberais, editoras e colectivos culturais, xa comezaron a súa actividade no Casco Vello vigués.
“O traballo que realizamos no barrio histórico da cidade permitiunos dar un gran impulso á súa actividade comercial e residencial”, sinalou antes de reclamar ao Goberno local máis implicación na labor conxunta do Consorcio. Así, a delegada lembrou que o Concello ten bloqueado o orzamento e o plan de investimentos do organismo.
Ana Ortiz visitou o local aberto este sábado en Ferrería e sinalou que na mesma rúa xa hai un novo estudo de arquitectura, mentres que en San Sebastián e Abeleira Menéndez abriron un centro de ioga e dúas empresas do sector audiovisual. Ademais, existen novas ofertas comerciais cun local de artesanía téxtil, unha academia de cómic, outra de inglés e un establecemento de artesanía cerámica.
“A xestión do Consorcio continúa adiante e logramos dinamizar a zona a pesar da negativa do Concello a rehabilitar Casco Vello ”, recalcou. Indicou tamén que actualmente existen cinco proxectos en diferentes fases de execución que están paralizados e outras nove edificacións que xa estaban planificadas para o seu inicio e que actualmente están paralizadas por falta de orzamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213