DEPORTES
A Selección de Baloncesto de Costa do Marfil entrena en Baiona para a próxima Copa do Mundial FIBA
A Selección de Baloncesto de Costa do Marfil escolleu a cidade de Baiona como o lugar para realizar a súa concentración previa á próxima Copa do Mundial FIBA, que terá lugar no mes de agosto, do 25 ao 10 de setembro, en Filipinas, Xapón e Indonesia.
Esta decisión ven como resultado do traballo incansable de Jorge Molinero, ex-xogador de baloncesto profesional e actualmente vinculado ao mundo do deporte como director dos centros 13 Body de acondicionamento físico e emocional. A súa estreita amizade con Anicet Lavodrama, director técnico nacional da Federación de Baloncesto de Costa do Marfil, foi fundamental á hora de escoller Baiona como o lugar para a preparación do equipo.
O primeiro partido da selección de Costa do Marfil será contra a selección española, dirixida por Sergio Scariolo, o día 26 de agosto. Este encontro marcará o comezo da súa participación no torneo mundial.
O Concello de Baiona, comprometido co deporte e coa promoción do baloncesto, facilitou en todo momento a realización desta concentración, cedendo as súas instalacións deportivas para que o equipo poida adestrar e prepararse nas mellores condicións posibles.
Deste modo, a cidade de Baiona converteuse nun punto de encontro para a Selección de Baloncesto de Costa do Marfil, onde os xogadores poderán afinar a súa forma física e táctica antes de enfrontarse aos mellores equipos do mundo na Copa do Mundial FIBA. Os habitantes de Baiona agardan con entusiasmo a chegada deste equipo internacional e desexan moita sorte aos xogadores nesta importante competición.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11