Vigo
A Xunta elimina un vertido de augas residuais na praia do Fortiñón
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron a achega no marco das inspeccións de rastrexo de puntos de vertido inventariados, dando seguimento á notificación da Consellería de Sanidade e á denuncia recibida no servizo de Emerxencias do 112
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais á ría na contorna da praia do Fortiñón, no concello de Vigo.
Esta achega foi identificada no marco das inspeccións de rastrexo de puntos de vertido inventariados previamente polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, dando seguimento a unha notificación da Consellería de Sanidade dunha posible incidencia na praia e a denuncia de vertido comunicada por un particular ao servizo de Emerxencias do 112.
As inspeccións e mostraxes efectuadas polo persoal da Xunta na zona permitiron identificar a orixe do vertido nunha incidencia na impulsión da estación de bombeo de augas residuais municipais que discorre pola contorna da praia do Fortiñón.
O persoal da Xunta comprobou que o persoal da empresa concesionaria do servizo municipal de augas traballaba na reparación da infraestrutura hidráulica, procedendo o Concello a efectuar tamén as actuacións pertinentes para prohibir o baño durante a realización das obras de reparación.
Nas inspeccións de seguimento na zona, os técnicos da Xunta verificaron que as actuación realizadas pola empresa concesionaria no sistema de impulsión da estación de bombeo permitiron a emenda do vertido en condicións inadecuadas cara á ría de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60