Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 21 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
Nigrán

Ioga e meditación en Patos

O director e fundador do Centro Sananda en Vigo, pioneiro en España na práctica desta disciplina, repite as clase maxistrais gratuítas na area de Patos coincidindo coa posta de sol. As seguintes sesións serán os mércores 26 de Xullo e 2 e 23 de Agosto.

A beleza da praia de Patos ao solpor volve a unirse este verán á práctica do ioga para, xuntos e en harmonía, acadar a paz física e espiritual. Deste xeito, o gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo, retoma estas sesións organizadas polo Concello de Nigrán este venres 21 de Agosto ás 20:30 horas (na propia area, ao carón do posto de Protección Civil). As seguintes citas serán os mércores 26 de Xullo, e 2 e 23 de Agosto, respectivamente, sempre ás 20:30 para que coincidan no solpor.

 

O célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar.

 

"O ano pasado estreamos esta actividade con moitísmo éxito de participación e deixou imaxes e sensacións espectaculares, tiñamos claro que se mantería como un referente máis do verán nigranés", explica o alcalde, Juan González.

 

"Queremos de maneira desinteresada e altruista ofrecer este encontro na busca de maior equilibrio entre mente e corpo. Non existe outro beneficio que o do ioga mesmo, por iso animamos a toda aquela persoa interesada a que acuda”, invita Madhana Agulla, gran mestre acostumado a impartir cursos a nivel internacional e formado co profesor Rama Chandra Filosofía na India na Universidade Mysore.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.