Miércoles, 03 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 24 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

O Camiño da Coutada en Louredo xa conta con rede de saneamento

O tramo da nova rede do colector supera os 800 metros lineais de lonxitude e os particulares beneficiarios poderán xa solicitar a conexión ao mesmo

O Concello de Mos xa ten prácticamente rematada a acometida das obras de “Saneamento no Camiño da Coutada-parroquia de Louredo”. Estas obras foron necesarias para completar as redes de alcantarillado e darlle servizo á maxima extensión do Concello en xeral e da parroquia de Louredo en particular.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil de servizos e concelleiro da parroquia de Louredo, Baldomero Lorenzo, veñen de visitar as obras de saneamento en Louredo desde o Camiño da Coutada ata a Estrada Nacional 550, que se atopa prácticamente rematado.

 

As obras necesarias para realizar a acometida do “saneamento no Camiño da Coutada-Parroquia de Louredo”, coas que se completan ditas redes e permiten que dita instalación de saneamento dea servizo á maxima extensión do Concello, consistiron na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións ...

 

As obras deste proxecto de instalación de sanemento consisten na ampliación e mellora da rede na parroquia de Louredo, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo. Lévase a cabo a execución de 807,04 ml de saneamento no camiño da Coutada.

 

Instalouse un colector de PVC de Ø315 para dotar de saneamento as vivendas situadas nas marxes das zonas obxecto de estudo e que carecían del. Tras a instalación procede a pavimentación mediante a reposición da zanxa con 20 cm de zahorra e 5 cm de mezcla bituminosa en quente tipo D-12.

 

O prazo de execución dos traballos foi de 3 meses para o colector proxectado. As actividades que máis condicionan a duración dos traballos son a excavación e montaxe de tubarías e pozos de rexistro.

 

Trátase dunha obra íntegramente financiada con fondos propios municipais cuxo orzamento ascende a máis de 100.000 euros. O Orzamento Base de Licitación desta obra ascende á cantidade exacta de 109.968,55 €, que son financiados con fondos propios municipais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.