Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 22 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Constituída a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra

“Todos os membros da Xunta de Goberno vimos de distintos puntos da provincia de Pontevedra pero únenos a provincia. Aquí estamos todos para dar o mellor de nós, para servir e para intentar mellorar a vida de todos os pontevedreses”, remarcou o presidente

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra que rexerá o funcionamento da institución provincial nos vindeiros catro anos acaba de quedar constituída. O órgano colexiado estará presidido por Luís López e, amais doutros sete deputados provinciais, participarán como vogais os vicepresidentes Marta Fernández-Tapias e Rafa Domínguez. “Todos os membros da Xunta de Goberno vimos de distintos puntos da provincia de Pontevedra pero únenos a provincia. Aquí estamos todos para dar o mellor de nós, para servir e para intentar mellorar a vida de todos os pontevedreses” remarcou o presidente.

 

[Img #83159]

 

A partir deste momento, cada venres ás 11:00 horas terán lugar as reunións en sesión ordinaria da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. Xunto ao presidente e vicepresidentes, forman parte do órgano en calidade de vogais os deputados provinciais Roberto Carrero, alcalde da Guarda; Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas; Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade; José Carlos López Campos, alcalde da Estrada; Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño; María Pilar Ramallo, alcaldesa de Marín; e Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona. Ademais, tamén integrarán a Xunta de Goberno o secretario da Deputación, Carlos Cuadrado, e o interventor, Antonio Graña, “aos que lles quero agradecer publicamente a súa colaboración nesta sempre complexa etapa e momento de traspaso de poderes”, subliñou o presidente.

 

A Lei 7/1985 de 2 de abril de Bases do Réxime Local ten establecido que a Xunta de Goberno se trata dun órgano necesario que debe existir en todas as deputacións provinciais. Segundo a citada lei, entre as súas competencias atópanse a asistencia ao presidente no exercicio das súas atribucións así como as que este delegue ou marquen as propias leis.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.