Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 25 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra realizará unha avaliación interna sobre o estado das contas

Luis López: “Os cidadáns merecen saber os recursos que se investiron e o marxe de manobra do que dispoñemos para executar actuacións ata a aprobación do vindeiro orzamento”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou hoxe con motivo da primeira Xunta de Goberno do novo mandato que se realizará unha avaliación interna sobre o estado das contas públicas. Así o anunciou na rolda de prensa posterior á súa constitución, na que ademais deu conta doutros asuntos de interese para a provincia.

 

Segundo explicou, “trátase de expoñer, con transparencia e sen valoracións a priori, os recursos dos que dispoñemos para atender ás necesidades dos municipios e, por extensión, dos cidadáns de Pontevedra”.

 

López, que compareceu acompañado polos vicepresidentes Marta Fernández-Tapias e Rafael Domínguez, comprometeuse a dar conta do estado actual destas partidas unha vez sexan analizadas “polo miúdo”.

 

“Creo que os cidadáns de Pontevedra merecen saber os recursos que se investiron e o marxe de manobra do que dispoñemos para executar actuacións ata a aprobación do vindeiro orzamento”, concluíu o presidente provincial.  

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.