Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 27 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As competicións de doma clásica de Equina Galicia volven o vindeiro 29 de xullo

SE BEN AS INSCRICIÓNS AÍNDA ESTÁN ABERTAS, O SEU NÚMERO XA ADIANTOU O DO ANO PASADO, CANDO FORAN 50 BINOMIOS

Equina Galicia 2023, que terá lugar do 28 ao 30 de xullo na Feira Internacional de Galicia ABANCA, contará de novo no seu programa con tres relevantes competicións de doma clásica, as cales volveron superarse en número de participantes.

 

Así, aínda que as inscricións para estas probas aínda están abertas ata o día 28 de xullo, os binomios (cabalo e xinete ou amazona) confirmados xa superan os do ano pasado, cando alcanzaran os 50. Unha cifra récord que ata o momento sitúase en 58 participantes de distintos puntos de Galicia, Asturias, Estremadura, Castela-León e Madrid e que fixo necesario reforzar os equipos de traballo, acondicionar dúas pistas, instalar corraletas no pavillón 4 do recinto e contar con 4 xuízas. Estas serán Mª Dolores Martínez Debén e Carmen Rodríguez-Trelles por parte da Federación Hípica Galega e Alma Narbona e Pilar García Bezos por parte da Real Federación Hípica Española.

 

Estas competicións de doma clásica incluirán o V Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica, no que poden participar todas as razas de cabalos de deporte europeos e que se rexerá polos criterios da Real Federación Hípica Española, incluíndo desde categoría infantil ata olímpica. O Trofeo, que conta co apoio da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ten como obxectivo fomentar a creación de pequenas explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio rural e supoñan un complemento económico, contribuíndo a frear o despoboamento.

 

Súmanse a este V Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica outras dúas competicións centradas na doma clásica, a XXV Copa Accega e o Territorial. En canto a este último, é clasificatorio para o Campionato Galego de Doma Clásica, polo que serán moitos os xinetes que acudan para cubrir o mínimo de tres probas nas que deben puntuar para poder disputar este campionato galego.

 

Coa celebración destas tres probas no mesmo evento, todas o 29 de xullo, Equina volverá converterse na cita máis completa desta disciplina.

 

Outras importantes competicións

Por outra banda, Equina Galicia, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) e cuxa entrada será gratuíta, sumará a estas competicións o IX Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, unha proba morfofuncional que se desenvolverá durante os tres días do evento e será o seu eixo central.

 

Así mesmo, o ring desta cita ecuestre acollerá o domingo unha proba clasificatoria para o Campionato Galego de Enganches.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.