SALVATERRA DE MIÑO
A delegada da Xunta mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de Salvaterra
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este pasado mércores unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, dentro das reunións previstas con todos os rexedores da área.
A representante autonómica e a rexedora abordaron a colaboración permanente que xa se presta desde o Goberno galego para atender as necesidades do municipio. Entre os asuntos tratados, a alcaldesa expuxo a prioridade dunha nova Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).
Ana Ortiz xa mantivo anteriormente encontros cos máximos responsables municipais de Baiona, Cangas, Moaña, Mos e O Porriño despois de dirixirse por carta a todos os alcaldes da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza de traballo.
Ademais da cidade de Vigo, o ámbito da área territorial abarca os municipios de Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217