MOS
Mos recibe subvención para dous novos asfaltados en Louredo
A Xunta concede unha axuda de preto de 51.000 euros para a mellora da seguridade viaria nos Camiños de Cerdeiriñas e Arcal
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, informaron durante a celebración da sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno Local, de que vénlle de ser concedida á administración local mosense unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, da consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para a acometida de Pans de melloras de camiños municipais nos anos 2023-2024; grazas á cal Mos mellorará a pavimentación nos Camiños de Cerdeiriñas e de Arcal, na parroquia de Louredo.
Ambos asfaltados suman un orzamento total de 61.524,14 euros dos cales asume a Xunta, a través da axuda concedida polo Agader, 50.846,40 euros; e o Concello aporta os 10.677,74 euros restantes.
A estimación de execución da obra é de 4 meses.
Cómpre destacar que o Concello de Mos leva a cabo cada ano un Plan Anual Municipal de Asfaltados e Mellora da Seguridade Viaria. O ano pasado acometéronse 20 asfaltados dentro deste Plan Anual Municipal, que sumaron preto de 12 quilómetros asfaltados en total durante 2022.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126