Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 02 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra e Monçao conseguen fondos europeos para un proxecto de envellecemento activo

Desenvolveranse accións conxuntas para persoas maiores nun proxecto que se levará a cabo entre o 2024 e o 2025

A Eurocidade de Monçao-Salvaterra ven de recibir a notificación da aprobación, a través da Candidatura a 2a Convocatoria POCTEC 2021-2027 da AECT Río Minho, do proxecto piloto de envellecemento activo na raia.

 

Accións conxuntas que fomentarán a autonomía das persoas maiores, un proxecto piloto que se levará a cabo entre o 2024 e o 2025, e que está enfocado as persoas de máis de 65 anos que viven no nosos territorio, en total máis de 8.500 homes e mulleres.

 

Esta acción piloto contempla a realización de eventos, actividades como a creación de grupos de conversación e prensa, ximnasia, xogos, actividades de estimulación, saídas grupais e excursións conxuntas...

 

Paralelamente á realización destas actividades impulsarase a creación e posta en marcha do Consello Intermunicipal Transfronteirizo das Persoas Maiores da Eurocidade, que contriburá a planificar as políticas máis adecuadas para este colectivo.

 

O Convenio asinado o 28 de marzo de 2015 para a constitución da Eurocidade Monçao- Salvaterra fixa como principal obxectivo da Eurocidade ó aunar esforzos e recursos de ambos municipios co fin último de contribuir á mellora da calidade de vida dos seus cidadáns. Esta acción piloto céntrase nun segmento especialmente sensible destes cidadáns, o da poboación maior de 65 anos.

 

Para estas iniciativas o Concello de Salvaterra de Miño consegue máis de 40.000,00€ cos cales poder sacar adiante este proxecto que ten como fin último mellorar a calidade de vida dos seus maiores

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.