Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 27 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O autobús de Lab Emprende fai escala no Porriño

Trátase dun laboratorio móbil e interactivo que ofrece actividades para entender de forma práctica e directa o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora

O autobús de Lab Emprende, o proxecto educativo itinerante promovido pola Fundación La Caixa a través de EduCaixa, fixo escala no Porriño, incluíndo a nosa vila no percorrido que está realizando por diferentes localidades de España, para que pequenos e maiores, principalmente mozos, coñezan o mundo do emprendemento.


Para iso utilizan as últimas tecnoloxías, creando un espazo multimedia con diferentes actividades interactivas, que poñen de manifesto o proceso do emprendemento, as súas características e os valores dunha actitude emprendedora.


A concelleira de Educación, Carolina González, visitou a unidade móbil esta mañá para coñecer de primeira man como se desenvolve esta actividade que conta coa colaboración do Concello do Porriño.


O espazo interior de este bus comprende cinco ámbitos de experimentación: Emprender é unha actitude; Somos emprendedores; Mira. Aprende a observar; Pensa. Solucións innovadoras; Fai. Da idea ao negocio e Empeza. Si queres, podes.


Ao LabEmprende poden subirse principalmente mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos.


“É unha proposta moi interesante que permitirá aos mozos e mozas estimular novas formas de pensar e de actuar, permitíndolles desplegar os seus talentos e potenciais”, apuntou a concelleira, “Por iso convido á mocidade a visitar este bus e descubrir todo o que lles pode ofrecer”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.