Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 29 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Palacete das Mendoza acolle a mostra “F. Carballa con barro”

Trátase dunha colección escultórico-pictórica na que o artista pontevedrés xoga coa porcelana e o barro. Poderase visitar ata o próximo 13 de agosto na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas

A Deputación de Pontevedra abre ao público este sábado 29 de xullo no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, a exposición “F. Carballa con barro”, na que se mostra o traballo coa porcelana e o barro do artista pontevedrés Fernando Carballa. Nela, e a través de ambos materiais, o creador amosa mediante diversas representación de cabezas a súa predilección pola figura humana, sempre presente nas súas mostras.

 

A exposición de Fernando Carballo atrapa ás persoas visitantes nun mundo simbólico e conceptual moi propio do autor. Baséase na imaxinación e nos elementos conceptuais fronte á natureza e, desta maneira, o artista ofrece un periplo marcado pola preocupación que lle suscita a forma como elemento para crear un diálogo coa materia.

 

Fernando Carballa é un artista pontevedrés licenciado pola Facultade de Belas Artes de Madrid. Ten recibido formación complementaria na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, no taller de Brita Prinz en Madrid e na Escola Municipal de Artes e Oficias de Vigo, entre outras.  A súa mostra en Pontevedra, que abre as portas este sábado 29 de xullo, poderá visitarase ata o 13 de agosto na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, en horario de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres e de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas os sábados e festivos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.