Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Lunes, 31 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A Deputación adxudica a obra de mellora da EP-2106 entre A Ramallosa e Parada

A través desta actuación construirase unha senda peonil e dotarase de maior seguridade ao tramo final da estrada, no que se sitúa o cemiterio e a igrexa de Santiago de Parada

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra presidida por Luis López acaba de adxudicar por máis de 923.000 euros a obra de mellora da EP-2106 entre A Ramallosa e Parada, no concello de Nigrán. A través desta actuación construirase unha senda peonil e dotarase de maior seguridade ao tramo final da estrada, no que se sitúa o cemiterio e a igrexa de Santiago de Parada.

 

O prazo de execución previsto para a mellora desta estrada provincial de máis de 4 quilómetros é de 8 meses. As obras terán lugar a partir do quilómetro 3,2, onde se concentran zonas moi transitadas por peóns, e realizaranse ata o tramo final da estrada. O obxectivo da actuación é impulsar a súa seguridade cunha senda peonil de 2,5 metros de ancho pola marxe dereita e unha plataforma única nun treito de 200 metros de lonxitude.

 

Ademais de impulsar a seguridade da EP-2106, con estas obras a Deputación de Pontevedra tamén pretende mellorar o espazo público, instalando mobiliario urbano e unha marquesiña de autobús, e renovar as dotacións a través da execución dunha nova rede de pluviais, soterrando as liñas de electricidade e renovando o alumeado por un máis eficiente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.