GALICIA
A Xunta impulsa este verán 124 actuacións en 97 centros educativos da provincia de Pontevedra
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visita o Centro Integrado de FP Carlos Oroza onde dá conta das obras previstas para o período estival ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro Integrado de FP Carlos Oroza en Pontevedra, no que a Xunta está levando a cabo unha ambiciosa reforma de ampliación cunha achega de 2,7M€. Durante a súa visita, o responsable autonómico de Educación deu conta das obras que se están realizando aproveitando o período estival na provincia de Pontevedra ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica ou en proceso de licitación. En total, a Administración autonómica impulsa 124 actuacións en 97 centros educativos da provincia cun investimento de case 30M€.
Estas actuacións, segundo sinalou o conselleiro, son un exemplo “da importante aposta que o Goberno galego está a facer para acadar centros escolares máis modernos, confortables e sostibles tanto desde o punto enerxético como medioambiental”. “Trátase de intervencións como ampliacións, rehabilitacións integrais, melloras de eficiencia enerxética ou de accesibilidade que intensificamos nestas datas co fin de aproveitar o período non lectivo e causar o mínimo impacto na comunidade educativa”, engadiu.
Neste senso, das obras previstas para a provincia, 53 son grandes actuacións (cun período de execución maior que o verán) como a que se está levando a cabo neste centro da cidade de Pontevedra e que ocupan a meirande parte do orzamento. Trátase de obras noutros tantos centros educativos que contan cun orzamento de 27,3M€. As restantes son obras menores, un total de 50 que suman un investimento superior a 1,7M€ para pequenas reformas e melloras nunha trintena de colexios e institutos.
Tamén está previsto instalar unha vintena de fotovoltaicas e a construción dunha central de biomasa en Lalín que dará servizo a varias infraestruturas e afondar nos obxectivos de acadar uns centros educativos máis respectuosos co medio ambiente.
Reforma iniciada en 2015
As obras de ampliación que se están desenvolvendo no Centro Integrado de FP Carlos Oroza, e que está previsto rematar a finais de ano, dan continuidade á reforma iniciada en 2015 e que, no seu conxunto, contan cun investimento de 2,7M€. Van permitir dar resposta á elevada demanda dun centro referencial en Pontevedra para o sector turístico e hostaleiro.
Tanto esta terceira fase, como todas as actuacións previstas para a provincia, forman parte do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta aprobada no ano 2021 cunha inxección inicial de 191M€ para abordar todas as intervencións que se fan nos centros educativos co obxectivo de que estean mellor acondicionados, máis implicados coa educación dixital e as novas metodoloxías, máis sustentables e máis confortables para o profesorado e para o alumnado.
Este plan, ampliado ata os 243M€ para facer fronte ás necesidades dos centros educativos, suma na actualidade 421 grandes obras, das que 223 están xa executadas e 111 actuacións que están actualmente en marcha ou a piques de ser licitadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22