PONTEAREAS
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, visita Kauman no seu 40 aniversario
A edil achegouse á empresa ponteareá acompañada da concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández Táboas, e o Tenente de Alcalde, Jesús Cao.
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, achegouse onte ás instalacións da empresa ponteareá Kauman para coñecer os seus plans de futuro e expansión no ano no que a empresa celebra 40 anos.
Acompañada da Concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández Táboas, e o Tenente de Alcalde, Jesús Cao, visitaron os interiores da fábrica da man do seu Director de I+D+i, Diego Rodríguez, e do Director de Márketing, Juan Rey, quen lles deron a coñecer o proceso de fabricación das bandas transportadoras de Kauman, unha das empresas líder neste sector. A empresa prevé abrir proximamente novas liñas de fabricación.
Con máis de cen traballadores e traballadoras, Kauman é unha das empresas máis relevantes de Paradanta, e os representantes do Concello reiteraron o seu compromiso con facer todo o posible para seguir impulsando o crecemento de Kauman e de todo o tecido empresarial do municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149