Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 03 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación organiza este domingo unha actividade sobre oficios artesanais tradicionais no Castelo de Soutomaior

O obradoiro permitirá ás familias descubrir como era a economía tradicional galega

A Deputación de Pontevedra organiza este domingo 6 de agosto ás 11:30 horas no Castelo de Soutomaior un obradoiro en familia para descubrir como era a economía tradicional galega. A actividade, que forma parte do programa “Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior”, consistirá nun taller no que as familias se converterán en artesás e coñecerán este oficio con tanta tradición traballando co liño, co barro ou coa lá. Ademais, terán a oportunidade de resolver problemas de iluminación con recursos naturais moi empregados no pasado, como a cera.

 

“Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior” é unha programación de 30 actividades que abrangue visitas teatralizadas, obradoiros, contacontos e roteiros para familias con nenos baseadas nas lendas, os oficios tradicionais e as tradicións da provincia. As familias pódense achegar á mitoloxía popular da provincia, aos xogos tradicionais, os oficios artesanais, os seres mitolóxicos ou tradicións coma os maios, as herbas de San Xoán, a vendima ou o Samaín. Ofértanse en total 360 prazas.

 

As entradas para esta actividade xa están esgotadas así como as da próxima sesión, un taller infantil de cociña que terá lugar o sábado 19 de agosto. Aínda é posible acudir ao obradoiro de vendima o sábado 2 de setembro, á celebración do Samaín o sábado 28 de outubro, e ao Magosto o sábado 4 de novembro.

 

Ademais de “Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior”, a Deputación organiza este ano 68 sesións de visitas guiadas todos os luns e os venres ata finais de agosto. Tamén se celebrarán versións temáticas por Samaín en outubro (para persoas adultas os venres e os sábados de todo o mes, e infantís os sábados e os domingos) e polo Nadal (do 6 ao 10 de decembro). As entradas para todas as actividades están dispoñibles en entradas.castelodesoutomaior.com, a un prezo único de 8 € (que inclúen a entrada ao Castelo, valorada en 5 €), e cada actividade conta cun total de 30 prazas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.