Sábado, 07 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 07 de Marzo de 2026 a las 09:36:52 horas

Xornal21.es
Martes, 01 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Dúas nenas saharauís chegan á Guarda dentro do programa “Vacacións en Paz”

Son dúas nenas saharauís procedentes dos campos de refuxiados de Tindouf en Alxeria

O pasado  luns 31 de xullo foron recibidas polo Grupo de Goberno e técnicas de Xuventude e Familia no concello da Guarda dúas nenas saharauís procedentes dos campos de refuxiados de Tindouf en Alxeria e a súa familia de acollida.

 

Son 232 os nenos e nenas saharauís que este verán chegaron a Galicia no marco do programa "Vacacións en Paz", que foron acollidos por case 200 familias coas que compartirán o verán ata o seu regreso na primeira semana de setembro.

 

Dende o concello da Guarda queremos destacar o compromiso e a solidariedade destas familias de acollida, grazas a elas estes nenos e nenas poderán recibir tratamentos médicos  de moi difícil acceso nos seus campamentos, mellorar a súa alimentación e poderán pasar dous meses a menos de 50ºC desfrutando dun verán galego.

 

Tamén agradecemos as actuacións de SOGAPS para a realización deste programa, xa que son o gran motor desta iniciativa.

 

“Esperamos que teñades unha experiencia que recordaredes para sempre”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.