GALICIA
A Xunta pon en valor a entrada en vigor da Lei do litoral de Galicia
Esta lei permitirá consolidar o futuro da costa galega, dos seus valores naturais, patrimoniais, paisaxísticos e económicos ao mesmo tempo que se outorga seguridade xurídica ás actividades que se realizan nela
A Xunta pon en valor a entrada en vigor da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral, hoxe, mércores 2 de agosto, para garantir o equilibrio entre a biodiversidade e a función social da costa.
Esta lei, que foi aprobada polo Parlamento o pasado 4 de xullo, permitirá consolidar o futuro da costa galega, dos seus valores naturais, patrimoniais, paisaxísticos e económicos ao mesmo tempo que se outorga seguridade xurídica ás actividades que se realizan nela e que supoñen o modo de vida da cidadanía que alí reside.
Nesa liña, a normativa que entra hoxe en vigor protexe e garante o futuro de Galicia, ademais de supor a xestión desde a Comunidade desta materia e seguridade xurídica para o noso litoral. De feito, a lei inclúe nun só texto todas as políticas, sectores e instancias administrativas que teñen relación co litoral coa creación de órganos de participación, colaboración e intercambio
Cómpre lembrar tamén que se trata dunha lei moi participada e consensuada. Desde o inicio da súa elaboración, o Goberno galego mantivo contactos cos concellos costeiros e con todos aqueles colectivos, asociacións, entidades, organizacións vinculados á costa, como, por exemplo, a cadea mar-industria e o Observatorio do Litoral, con cuxas aportacións e achegas se foi enriquecendo unha norma clave para a Comunidade. E, ademais, durante o trámite parlamentario incorporáronse ao texto definitivo preto do 40% das emendas presentadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56