Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 04 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Bonificacions para autónomos e empresarios que aposten polo Porriño

O pleno da corporación aprobou inicialmente, cos votos a favor do Goberno Municipal, a modificación das ordenanzas fiscais que regulan estes impostos que permitirá aplicar rebaixas para promover a implantación e fixación de empresas no Porriño e obter a declaración de Concello Emprendedor

Os autónomos e empresarios que aposten polo Porriño para desenvolver a súa actividade produtiva poderán beneficiarse de bonificacións de ata o 95% no IAE e no ICIO.


O Goberno Municipal levou a pleno este pasado luns a modificación das dúas ordenanzas fiscais que regulan estes impostos, co fin de promover a implantación e fixación de empresas no municipio e impulsar a actividade económica. Unha vez aprobadas inicialmente en sesión plenaria, co único voto a favor do Goberno Municipal, estes acordos levaranse a exposición pública para poder aprobarse definitivamente e entrar en vigor.


No tocante ao Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) inclúese unha bonificación 35% da cota ás empresas que utilicen ou xeneren enerxía renovable, un 40% ás que instalen puntos de recarga para vehículos eléctricos e bonificacións de ata un 95% para aquelas que creen emprego (95% para as que impulsen máis de 20 postos de traballo, 75% entre 11 e 20 e 50% para os que creen ata 10 postos de emprego).


Respecto do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras aplicarase unha bonificación do 95% da cota ás obras que sexan declaradas de “Especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego”; do 50% pola posta en marcha de proxectos empresariais de interese municipal e do 30% para a instalación de aproveitamento térmico ou eléctrico de enerxía solar, que será do 95% no caso de uso residencial.


Esta medida beneficiará ao conxunto da veciñanza e permitirá ao Porriño adquirir a condición de Concello emprendedor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.