Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 06 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Catro nenos e nenas saharauis pasarán as súas vacacións en paz no Porriño

O Concello deu unha agarimosa benvida Nura, Yusuf, Sabrina que pasarán este verán coas súas familias de acollida no Porriño e a Nura, que o fará coa súa en Atios

Catro nenas e nenos saharauis pasarán este ano as súas “Vacacións en Paz” no Porriño. Onte, acompañados polas súas familias porriñesas, foron recibidos no Concello polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e varios concelleiros do Goberno Municipal.

 

Unha agarimosa benvida Nura, Yusuf, Sabrina que pasarán este verán coas súas familias de acollida no Porriño e a Nura, que o fará coa súa en Atios. Acompañándoos, estiveron tamén Mulay e Muna que viñeron coa súa familia dende Cela.

 

O rexedor dirixiuse ás familias para agredecer “o enorme labor que facedes, a vosa xenerosidade é visible nos sorrisos destes pequenos” e aos nenos e nenas “que disfruten deste verán ao máximo xunto ás súas familas e todos os amigos que farán no Porriño”.

 

“Vacaciones en paz” é un programa de acollida temporal de nenas e nenos saharauis durante o verán, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS). O Porriño vén participando dende hai anos nesta iniciativa solidaria, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e fillos disfruten dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras.

 

Outro dos obxectivos desta iniciativa é facilitarlles a atención médica á que non poden acceder nos campamentos de refuxiados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.