Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 08 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Avanza a bo ritmo a segunda fase das obras de mellora do parque da Alameda

Coa primeira fase xa executada, o Concello do Porriño continúa co acondicionamento deste espazo coa substitución do pavimento existente e a impermeabilización do soporte estrutural

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, comprobaron de primeira man os avances da segunda fase das obras de mellora e humanización que se están a desenvolver no parque da urbanización Alameda, na Avenida de Galicia.

 

As continuas filtracións que se daban neste espazo de uso público estaban a causar danos estruturais no soporte da praza e afectando ao garaxe que se atopa baixo a mesma, algo que estaba a causar numerosos perxuízos aos usuarios destas prazas de aparcamento.

 

Co fin de resolver este problema, o Concello do Porriño acometeu as obras de impermeabilización deste espazo, que abrangue unha superficie de 2.000 metros cadrados, aproveitando a actuación para levar a cabo a humanización da outra parte da praza e o seu acondicionamento como espazo público de lecer, creando un novo parque infantil para disfrute dos máis pequenos.

 

“Coa primeira fase xa executada, continuamos coa humanización da praza cunha segunda intervención de substitución do pavimento existente e a impermeabilización do soporte estrutural da propia praza”, explicou Lorenzo, “Ademais, facilitarase a accesibilidade ás vivendas e baixos comerciais con acceso ao interior da praza, xa que algún deles presentaba desniveis que dificultaban a accesibilidade”.

 

O orzamento desta segunda fase do proxecto ascende a 83.182,61 euros. A humanización e mellora desta céntrica praza supuxo unha inversión de 138.868 euros, financiada na súa totalidade a través dun convenio de colaboración asinado coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.