Jueves, 13 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 11 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Arranca a exposición para a concienciación da influencia do cambio climático nas emerxencias

A iniciativa, enmarcada dentro do proxecto PROTEMPO, ten como obxectivo reforzar a transferencia de coñecementos aos grupos de poboación máis vulnerables nas distintas situacións derivadas das emerxencias climáticas

O Porriño acolle a primeira das exposicións itinerantes organizadas pola AXEGA que terán lugar na área transfronteiriza para concienciar á poboación ante as emerxencias derivadas do cambio climático e dos desastres naturais.


O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, xunto coa Directora de Calidade Ambiental, Sagrario Pérez, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, presentaron esta  semana a mostra enmarcada dentro do proxecto de Protección Transfronteiriza de Emerxencias dirixido á poboación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (PROTEMPO). As exhibicións teñen como obxectivo promover a concienciación sobre o cambio climático e a prevención e xestión de riscos, así como aumentar a resiliencia territorial ante os perigos naturais nas zonas de fronteira.


A do Porriño está instalada no centro cultural e estará dispoñible para toda a poboación durante seis días. A continuación, será posible achegarse a coñecer os avances do proxecto e o contido do diverso material multidisciplinar interactivo nas poboacións de Salvaterra, As Neves, Ponteareas e Tomiño.


Mediante o proxecto PROTEMPO, a AXEGA pretende reforzar a transferencia de coñecementos aos grupos de poboación máis vulnerables, os nenos e as persoas maiores, co fin de que sexan conscientes e teñan capacidade para actuar ante os riscos de emerxencias relacionados co cambio climático, cada vez máis frecuentes e de maior virulencia, para conseguir un incremento da eficacia na prevención, mediante campañas e accións de capacitación cara ao público obxectivo con menor coñecemento sobre como protexerse ante as distintas situacións de emerxencia climática.


Ademais, a finalidade da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da AXEGA, é incrementar a rapidez e a eficacia de resposta dos efectivos de emerxencias, e a súa coordinación coa cidadanía, ante os desastres naturais.


Co proxecto PROTEMPO, que comezou no ano 2011 como Ariem112 e despois como ARIEM PLUS, dótase de medios aos diferentes servizos de emerxencias, realízanse simulacros para perfeccionar a coordinación entre as distintas institucións ante unha catástrofe natural e tamén levase a cabo a difusión de material de auto protección a través das distintas canles informativas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.