Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O BNG de Salvaterra reúnese coa Comunidade de Montes Veciñal

O BNG de Salvaterra de Miño mantivo unha xuntanza o venres 4 de agosto coa xunta directiva da Comunidade de Montes Veciñal de Salvaterra para coñecer de primeira man a situación do polígono Chan da Ponte ante a disputa xudicial que esta mantén co goberno do Concello de Salvaterra.

 

A Comunidade de Montes que conta con 120 comuneir@s ten claro que o obxectivo é por ao servizo da veciñanza de Salvaterra os dereitos que lle pertencen, como demostra a sentencia xudicial do pasado mes de maio que devolve unha parcela a favor da Comunidade Veciñal e que abre a posibilidade de facer máis reclamacións. O Concello volveu recurrir dilatando este proceso.

 

Dende a Comunidade de Montes declaran que o solo do polígono Chan da ponte pertence a veciñanza, por moito que o goberno do Concello o rexistrara ao seu nome e o vendera incurrindo nunha suposta prevaricación. A Comunidade explorou a posibilidade de chegar a un acordo co goberno municipal, atopándose coa negativa por resposta, o que supuxo a imposibilidade de avanzar por esta vía e non deixou máis saída que acudir a Xustiza.

 

Dende o BNG lembrámoslle ao Concello que a propiedade comunal é privada, e  as adminsitracións públicas deben respectar e defender este tipo de entidades e de propiedade. Así, como facer unha proposta seria e sensata que lle dea seguridade ás empresas en vez de enrocarse nunha posición victimista sin sentido que só perxudica a veciñanza de Salvaterra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.