Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 11 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

O programa de voluntariado interxeracional do Concello de Mos un dos máis activos de Galicia

A administración autonómica grava estes días na localidade mosense un vídeo promocional sobre a iniciativa que leva por título ‘Compartindo experiencias de vida’

A Xunta de Galicia impulsa, coa producción dun vídeo promocional que se está a gravar estes días, o programa de voluntariado interxeracional do Concello de Mos, centrado na atención ás persoas maiores do municipio.

 

A concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, informou de que participan nesta iniciativa o máximo de voluntarios/as admitidos pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que desenvolve esta iniciativa: un total de 16 persoas, 8 maiores e 8 mozos/as.

 

O programa leva por título ‘Compartindo experiencias de vida. Sinerxia Xeracional’. E cómpre lembrar que os maiores do municipio mosense son moi activos participando en iniciativas que organiza o Concello como os programas ‘Tempo de Lecer’, ‘Tempo de Excursións’, ‘Exercítate’, ‘Cultiva a túa mente’, cursos sobre uso de novas tecnoloxías... Como tamén o é a rapazada do Concello de Mos, por elo ambas xeracións están a formar parte activa deste programa de voluntariado interxeracional.

 

O proxecto mosense, que se presentou a comezos de ano e destaca como un dos máis activos de Galicia, contempla a realización dun amplo programa de actividades nas que xente nova e persoas maiores compartirán experiencias. Entre as accións que se levan a cabo, salientan os faladoiros, lectura, exercicios físicos na casa, musicoterapia, actividades lúdicas ou ensinanza de instrumentos tradicionais. O obxectivo desta proposta é que as mozas e mozos se impliquen no coidado e atención aos veciños de máis idade.

 

Hoxe os mozos/as participantes colaboraron cos maiores no coidado e traballo da horta; e na elaboración dunha empanada na cociña do Centro de Día O Son do Regueiro de Torroso para que puideran degustala os/as usuarios/as do devandito centro. Laura Loureiro aprendeu a traballar a horta na casa de Paqui Campo e Laura Sobral fixo a empanada con Mari Carmen Alonso no Centro de Día de Torroso. As mozas Laura Loureiro e Laura Sobral aprenderon das súas compañeiras sendos procesos de cultivo agroalimentario e cociña, respectivamente; e, pola súa banda, Paqui e Mari Carmen recibiron das xoves coñecementos e consellos sobre o uso das Redes Sociais.

 

O Concello de Mos é unha da vintena de entidades locais e de acción voluntaria que desenvolven proxectos a través da primeira edición do programa de voluntariado interxeracional no rural posto en marcha polo Goberno galego. A través de experiencias como a que se leva a cabo en Mos quérese favorecer a formación e intercambios de coñecementos entre os maiores e a mocidade.

 

Oportunidades
A finalidade é abrir novas oportunidades de futuro e perspectivas laborais para a mocidade. O voluntariado interxeracional permite conxugar o talento e a experiencia das persoas maiores coas inquedanzas e curiosidades da xente nova.

 

Trátase de que as  persoas de máis de 55 anos compartan a súa experiencia en ámbitos como a recuperación de oficios, a produción agroalimentaria, a posta en valor do patrimonio e o turismo con mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Estes poden devolver este coñecemento achegando á xente maior nocións en modelos dixitais e tecnolóxicos, entre outros.

 

Titorización
O proxecto mosense está integrado por un grupo humano interxeracional e funcionan por un sistema de parellas, no que cada persoa voluntaria maior de 55 anos encargase de titorizar a un mozo/a.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.