Domingo, 05 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Jueves, 10 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A delegada da Xunta traslada ao alcalde de Nigrán os avances para a rehabilitación do templo de Panxón

Ana Ortiz mantivo este martes unha xuntanza co rexedor no que abordaron a colaboración permanente desde o Goberno galego

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este pasado martes unha xuntanza de traballo co alcalde de Nigrán, Juan González, dentro das reunións previstas con todos os rexedores da área.


A representante autonómica e o rexedor abordaron a colaboración permanente que xa se presta desde o Goberno galego para atender as necesidades do municipio. Entre os temas analizados, Ortiz informou ao alcalde que xa está en fase de redacción o proxecto para a rehabilitación do Templo Votivo de Panxón.

 

Ademais, a delegada avanzou que este mesmo ano estará acabado o mencionado proxecto para solucionar os problemas existentes neste monumento de gran valor histórico e artístico do arquitecto Antonio Palacios.

 

Ana Ortiz xa mantivo anteriormente encontros cos máximos responsables municipais de Baiona, Cangas, Moaña, Mos, O Porriño e Salvaterra de Miño despois de dirixirse por carta a todos os alcaldes da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza de traballo.

 

Ademais da cidade de Vigo, o ámbito da área territorial abarca os municipios de Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.