Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 14 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

O Programa Integrado de Emprego de Mos supera xa o 50% de inserción laboral

As persoas interesadas en participar na vindeira edición 2023-24 poden informarse na Axencia de Colocación do Concello de Mos

O Programa Integrado de Emprego 2023 Concello de Mos, continúa coas suas accións incorporando ao mercado laboral, diversos postos vencellados aos itinerarios realizados coas 100 persoas usuarias do mesmo. Así o informou hoxe a concelleira de Formación e Emprego e responsable da Axencia de Colocación, Julia Loureiro, quen tamén explicou que “cóntase coa colaboración de empresas locais para a cobertura de vacantes na tempada estival, realizando tarefas de intermendación laboral nos postos máis demandados e vinculados principlamente aos sectores de referencia na contorna: Sector Servizos e Sector Industrial”. Trátase esta da oitava edición do Programa Integrado de Emprego de Mos que titoriza a 100 usuarios na busca proactiva dun posto de traballo.

 

Esta VIII edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos comezou en novembro do ano pasado e conta con subvención auntonómica da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que aporta 250.000 euros do total de 314.465,41 euros que custa o proxecto. O importe restante é cofinanciado pola administración local mosense.

 

Dos 100 participantes no Programa, na actualidade, están traballando 51 e a realizando prácticas non laborais 11 persoas usuarias, ademais continuar asesorando e orientado a aquelas persoas demandantes na procura activa de emprego, nos procesos de selección ou noutros perfís profesionais dende a perpectiva do actual mercado laboral, para poder acadar con éxito a inserción laboral da totalidade das persoas participantes antes da súa finalización o vindeiro 16 de novembro.

 

Con esta porcentaxe actual de inserción do 51% xa se superou o obxectivo final do programa, pois se establecía a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes. Aínda que se aspira a a inserción laboral da totalidade das persoas participantes. Outros dos obxectivos do Programa Integrado son: a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E ofrecer medidas de apoio ao participante tales como a axuda de 7 €/día por participar nas acciós que se establezan nos seus itinerarios de inserción e medidas de conciliación, se as necesitan. Todas as persoas interesadas en participar no novo Programa Integrado de Emprego, na súa vindeira 9ª edición 2023-24, que solicitou o Concello, poden achegarse á Axencia de Colocación, chamar ao 986487786 ou ben solicitalo no correo piemos@concellomos.es

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.