Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 15 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina máis de 400.000 € aos concellos e entidades sociais para promover a igualdade

A Xunta de Goberno da institución provincial aprobou a concesión de dúas liñas de axudas que financiarán os proxectos de 49 concellos e 29 entidades sociais sen ánimo de lucro

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o pasado venres a concesión de 410.000 euros para fomentar a igualdade de oportunidades e loitar contra a violencia de xénero. O presidente provincial, Luis López, informou da aprobación destas dúas liñas de achegas que permitirán financiar proxectos levados a cabo polos concellos de menos de 20.000 habitantes e por entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra con esta dobre finalidade.

 

Por unha banda, aprobáronse as axudas que recibirán un total de 49 concellos da provincia, aos que se lles dotará de 260.000 euros, cun incremento de 30.000 euros respecto ás axudas aprobadas no anterior exercicio. O presidente sinalou que “recibiron axudas todos os concellos que as solicitaron, que son todos os de menos de 20.000 habitantes da provincia agás Bueu e Fornelos de Montes”.

 

Pola outra banda, tamén se aprobaron as achegas que recibirán 29 entidades sociais con sede en 11 concellos, neste caso cun crédito de 150.000 euros. 14 destas entidades teñen sede na comarca de Vigo (12 en Vigo e 2 en Mos), 5 na zona de Pontevedra (4 na cidade de Pontevedra e 1 en Marín), 4 no Morrazo (todas elas situadas en Cangas), dúas no Condado-Paradanta (1 en Ponteareas e 1 en Crecente), tres en Deza-Tabeirós-Terra de Montes (1 en Lalín, 1 na Estrada e 1 en Silleda) e unha no Salnés (con sede en Vilagarcía de Arousa).

 

A Deputación de Pontevedra outorgou o orzamento íntegro das dúas convocatorias de subvencións, que foron concedidas en réxime de concorrencia competitiva. Como sinalou o presidente da Deputación, Luis López, estas liñas de axudas permitirán financiar proxectos de sensibilización e prevención da violencia machista, mellora da atención ás vítimas, programas para mulleres en especial vulnerabilidade, iniciativas de formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral, para a elaboración de plans municipais de igualdade (no caso dos concellos de menos de 20.000 habitantes) e actividades de sensibilización no eido educativo, entre outras cuestións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.