NIGRAN
A gaiteira Susana Seivane actúa este luns en Nigrán co programa da Deputación “Musigal”
O concerto, prato forte do Chandefolk, terá lugar no merendeiro de Chan de Rapadouro en Chandebrito a partir das 22:00 horas
O son da gaiteira Susana Seivane chegará este luns 14 de agosto ao Concello de Nigrán, onde a artista actuará ás 22:00 horas no Merendero de Chan de Rapadouro en Chandebrito. O concerto é o prato forte do Festival Chandefolk 2023 e enmárcase no programa provincial “Musigal”, posto en marcha pola Deputación para, por unha banda, contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia e, pola outra banda, fomentar o uso e a normalización social da lingua.
Susana Seivane leva case 25 anos percorrendo o mundo como unha das embaixadoras máis representativas da gaita galega. Sen descoidar a súa produción no eido tradicional, o traballo desta música supuxo unha auténtica revolución no tratamento actual deste instrumento. No recital que ofrecerá este luns en Nigrán, Seivane fará un repaso polo amplo repertorio que atesoura ao longo da súa carreira artística, formado basicamente por temas instrumentais da tradición galega, de composición propia ou tamén de recoñecidos compositores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40