Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 16:06:21 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 15 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño esixe á Xunta que reabra o consultorio médico de Goián

O Pleno do Concello de Tomiño aprobou por unanimidade unha moción pola que se lle esixirá á Xunta de Galicia a reposición inmediata do servizo médico de Goián, que leva tres anos co seu consultorio de atención primaria pechado.
 
O consultorio de Goián foi pechado durante a crise da COVID-19, e trasladouse o seu servizo ao Centro de Saúde de Tomiño. Posteriormente, comunicóuselle ao Concello de Tomiño a necesidade de atopar un novo inmoble que cumprise cos parámetros da nova guía de protocolos da pandemia. O Concello alugou e acondicionou un novo local seguindo os parámetros do Sergas, e púxoo a disposición da Xerencia da Área Sanitaria Vigo-Tui en marzo deste ano.
 
"Desde o mes de marzo, nin o Sergas nin a Xunta se comunicaron co Concello sobre este tema, nin responderon ás diversas chamadas e escritos remitidos desde Tomiño, expoñendo a necesidade de poñer en funcionamento o consultorio de Goián no menor tempo posible" explican.
 
Polo momento, o Concello de Tomiño asegura que leva gastados 18.500 euros en concepto de reformas, alugueiro e suministros do inmoble en Goián que non está operativo. Un dos puntos do acordo foi reclamar á Xunta de Galicia os gastos nos que incurriu o Concello en poñer o inmoble en funcionamento, sen que sirva aínda de consultorio médico. Porén, o PP opúxose a este e fixo un voto particular en contra de facer esta reclamación de gastos á Xunta de Galicia.
 
Desde o Concello existe unha gran preocupación pola cobertura deste servizo de atención primaria, que se suma á falta de persoal no Centro de Saúde de Tomiño, no que non se cobren nin as vacacións nin as baixas médicas do persoal médico. Todo isto conleva a saturación do centro de Saúde e grandes problemas para os veciños e veciñas, que ven minguar un servizo tan fundamental como é a atención médica primaria. Por iso, a moción aprobada onte tamén inclúe a esixencia de que o Sergas substitúa ao persoal sanitario e administrativo de baixa ou de vacacións no Centro de Saúde de Tomiño.
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.