Vigo
A delegada da Xunta reúnese co alcalde de Vigo a próxima semana
Ana Ortiz xa celebrou nos primeiros dous meses no cargo xuntanzas cos rexedores de Baiona, Cangas, Moaña, O Porriño, Mos, Salvaterra e Nigrán para abordar a colaboración permanente desde o Goberno galego
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, manterá unha xuntanza de traballo co alcalde de Vigo, Abel Caballero, o vindeiro 22 de agosto dentro das reunións previstas con todos os rexedores da área para abordar a colaboración permanente desde o Goberno galego.
A representante autonómica dirixiuse por carta o pasado día 30 de xuño a todo os rexedores da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza. Tras recibir resposta este pasado luns desde o Concello de Vigo, a reunión quedou fixada para a próxima semana.
Ana Ortiz xa mantivo anteriormente encontros cos máximos responsables municipais de Baiona, Cangas, Moaña, Mos, O Porriño, Salvaterra de Miño e Nigrán.
Ademais da cidade de Vigo, o ámbito da área territorial abarca os municipios de Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217