Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 16:06:21 horas

Xornal21.es
Lunes, 21 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Éxito de participación nas Rutas de Artes e Oficios do Concello de Tomiño

Arredor de 60 persoas achegáronse aos tres roteiros, que visitaron o Viveiro da Barxa, Cítricos Rías Baixas e o Obradoiro de madeira Vikensen

O patrimonio cultural e artístico de Tomiño volveu ser o protagonista das Rutas de Artes e Oficios, que este ano visitou o Viveiro da Barxa, Cítricos Rías Baixas e o Obradoiro de madeira Vikensen. Estas rutas son unha cita xa consolidada de cada verán, e este ano gozou dunha grande acollida por parte da veciñanza.


Na primeira das visitas, ao Viveiro da Barxa, as e os asistentes coñeceron polo miúdo da man do seu Xerente, as instalacións e o traballo neste espazo de cultivo de gramíneas ornamentais.  O segundo roteiro visitou as fincas de Cítricos Rías Baixas en Barrantes, onde as persoas participantes puideron coñecer e saborear os froitos que alí se cultivan. No terceiro roteiro, visitouse o Obradoiro de torneado en madeira Vikensen en pequenos grupos, para descubrir como se traballa a madeira de forma totalmente artesanal. A alta demanda do terceiro roteiro, e o espazo reducido do obradoiro, obrigou a facer un grupo de agarda para futuras visitas.


O Concello de Tomiño organiza desde 2017 estas Rutas de Artes e Oficios, co obxectivo de poñer en valor a riqueza patrimonial e cultural do municipio. Así, cada verán percórrense diferentes empresas tomiñesas, a través de visitas guiadas e de balde, nas que o público descubre o patrimonio e mais o talento locais. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.