GALICIA
A Xunta mobiliza 5,8m€ en proxectos de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou unha explotación de gando vacún beneficiaria destas axudas
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, puxo en valor a liña de axudas da Xunta de Galicia para promover a eficiencia enerxética no sector agropecuario, que leva mobilizado investimentos por importe de 5,8M€.
Fernández Vila visitou en Lousame (A Coruña) unha das explotacións gandeiras que resultou beneficiaria destes apoios. En concreto, contou cunha axuda de 13.000 euros para cubrir un investimento superior aos 43.000 euros cos que se instalou un enfriador de placas, un recuperador de calor e se substituíu o tanque de leite con capacidade para 12.000 litros.
Esta orde de axudas para o sector agropecuario permanece aberta ata finais de ano. Ata o de agora, a Xunta leva concedidas 49 solicitudes por un importe de 1,75M€, coa previsión de duplicar o orzamento inicial ata acadar os 3,4M€ e, así, poder chegar a un maior número de beneficiarios.
O obxectivo é fomentar proxectos de aforro e eficiencia enerxética na industria e, en concreto, nun sector estratéxico para a economía galega, para que poida reducir os custos enerxéticos e gañar en eficiencia e sustentabilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102