Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 18 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

“Maxia para soñar” este sábado no Porriño

A Praza Arquitecto Antonio Palacios acolle este espectáculo do Mago Marco Pombo, ás 19.00 horas

O espectáculo “Maxia para soñar” do ilusionista Marco Pombo representarase no Porriño este sábado, 19 de agosto. Enmarcada no programa Cultura no Camiño 2023 da Xunta de Galicia, a función celebrarase na Praza Arquitecto Antonio Palacios ás 19.00 horas.


Trátase dun espectáculo para todos os públicos a través do cal o mago propón unha viaxe de soños envoltos nun misterio.


Marco Pombo é un ilusionista cunha ampla experiencia no mundo da animación e o espectáculo. Provén dunha familia cunha forte e enraizada tradición artística e desde moi novo demostrou moito interese nas artes escénicas, especialmente no teatro e o ilusionismo, pero foi nesta última onde realmente destacou. É membro da Sociedade Española de Ilusionismo (SEI). O seu obxectivo e proporcionar entretemento de alta calidade a través da maxia, o humor e a comunicación, sempre cunha constante participación do público, que entra así a formar parte do espectáculo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.