Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Lunes, 21 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación adxudica 105 prazas gratuítas para participar no programa “En Ruta coa Depo”

A institución reserva preto de 300 prazas para persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión para pasar un día de convivencia en lugares emblemáticos da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar 105 das preto de 300 prazas gratuítas do programa “En Ruta coa Depo”, que a institución provincial ofrece ás entidades da provincia para pasar un día de convivencia en lugares emblemáticos da provincia a través de 33 rutas temáticas.

 

Como explicou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, este ano serán case 20.300 persoas de 374 asociacións as que percorrerán a provincia con este programa. Todas as prazas de “En ruta coa Depo”, que conta cun orzamento de preto de 480.000 euros, están subvencionadas pola Deputación, e 300 son financiadas ao 100% “para que as persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social poidan gozar tamén da participación no programa”, sinalou Domínguez.

 

Entre as rutas ofertadas, as marítimas foron as que tiveron máis demanda, como a ruta da cultura mariñeira que permite visitar o Mosteiro de Poio, a illa de Tambo e o núcleo de Combarro; a ruta que transcorre pola illa da Toxa, o Museo Salgadeiras de Moreiras no Grove e a ría de Arousa nun paseo en barco; ou tamén a que percorre as illas Cíes e o barrio mariñeiro do Berbés, en Vigo.

 

O vicepresidente da Deputación lembrou que “a finalidade de ‘En ruta coa Depo’ é fomentar a participación, a convivencia e a cohesión social dos colectivos sociais da provincia”. O programa inclúe o desprazamento de ida e volta en autobús e o xantar, e as persoas participantes están acompañadas en todo momento por guías de turismo especializados de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.