REDONDELA
Villar: "A instalación dun cadro eléctrico na fonte de Santigo contaba con todos os permisos"
O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade explica que a instalación non supón ningún prexuízo para a fonte xa que o cadro vai pendurado dunha argola situada na parte traseira da fonte para ese fin"
A celebración o pasado 4 de agosto do Festival de Artistas de Rúa e a Shoping Night organizada polo comercio local fixo necesario instalar un cadro eléctrico na praza de Santiago. O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, informa que se trataba dunha instalación "provisional" e que contaba co visto e prace de Patrimonio. O armario eléctrico estivo tres días colocado na fonte e foi retirado polos operarios unha vez rematadas as actividades, e “non pola polémica xerada nas redes sociais, tal como apunta algún medio” explica o responsable municipal.
A fonte de Santiago, que foi restaurada hai dous anos, "conta cunha argola na súa parte traseira que se instalou precisamente para poder pendurar dela calquera elemento necesario de xeito puntual e sen danar a súa estrutura". Villar sinala que esta alternativa "é mellor que cubrir de cables o chan da praza, xa que suporía máis risco para os peóns, especialmente para as persoas con mobilidade reducida".
O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade nega que a instalación do cadro cause prexuízo algún á fonte de pedra, xa que a caixa eléctrica vai pendurada dunha cadea "sen utilizar parafusos ni ningún outro elemento fixo que dane a estrutura". Lembra Villar que este tipo de instalacións provisionais "téñense realizado en ocasións anteriores", e afirma que "volverán a realizarse no caso de ser preciso respectando sempre os elementos patrimoniais e sen causarlle prexuízo algún".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235