PROVINCIA
140 nenos e nenas desfrutarán na Lanzada da novena quenda de “Depo Aventura”
Os pequenos entre 8 e 13 anos participarán en diferentes actividades lúdicas e formativas ao longo de seis días nas instalacións que a Deputación de Pontevedra ten no Grove
140 cativos de 30 concellos da provincia participarán desde este domingo 20 de agosto nos campamentos “Depo Aventura” da Deputación de Pontevedra na Lanzada (O Grove). Nesta novena quenda, cunha duración de seis días, a rapazada asistirá a múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal coas que tamén coñecerán lugares afastados da súa contorna habitual.
Nesta novena quenda de “Depo Aventura”, as 70 nenas e 70 nenos (todos nados entre os anos 2010 e 2015) proceden de Vigo (42), Pontevedra (19), Marín (6), A Guarda (6), Cangas (5), A Estrada (5), Tui (5), Vilanova de Arousa (4), A Illa de Arousa (4), Redondela (4), Mos (4), O Rosal (4), Lalín (4), Fornelos de Montes (3), O Porriño (3), Cambados (3), Baiona (3), Tomiño (2), Caldas de Reis (2), As Neves (2), Bueu (1), Moraña (1), Moaña (1), Cerdedo-Cotobade (1), Pazos de Borbén (1), Sanxenxo (1), Mondariz (1), Mondariz-Balneario (1), Ponteareas (1) e Soutomaior (1).
A Deputación ofrece á cativada un programa de actividades que, baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, está destinado a favorecer a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a igualdade de xénero, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento da contorna. Ademais, os participantes escollerán a mascota oficial do programa (que se converterá na súa imaxe na próxima edición) e desfrutarán de excursións relacionadas coa natureza e o coidado do medio ambiente.
Nesta edición de “Depo Aventura”, que se desenvolve ata o 9 de setembro, participarán en total 1.540 menores de 58 concellos da provincia divididos en once quendas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163