Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 28 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Dous millóns de euros para o cambio a led nas parroquias de Salvaterra de Miño

Con este proxecto actuarase nas 5.000 luminarias existentes e renovaranse 75 cadros de mando

O Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico ven de comunicar a concesión da axuda de máis de 2 millóns de euros para o cambio a led en todo o municipio, un proxecto singular de enerxía limpa financiado no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PROGRAMA DUS 5000).

 

Este proxecto consiste na renovación das instalación de alumeado exterior no municipio, actuando nas case 5.000 luminarias existentes, que serán sustituidas por novas de tecnoloxía led que disporán de redución de nivel de iluminación mediante equipo multinivel para axustala según os diferentes horarios nocturnos e os diferentes tipos de vías, implantando tamén a telexestión. Ademais adecuaranse e renovaranse 75 cadros de mando asociados a ditas luminarias.

 

Con esta actuación disminuirase a potencia de 400,62 kw a 178,42kw e conseguirase un aforro enerxético estimado dun 56%.

 

Esta acción está enmarcada dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible que o Concello aprobou na anterior lexislatura e que marca a liña de acción e traballo a curto, medio e longo prazo da administración local.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.