VIGO
O Concello inicia en setembro a obra de mellora da piscina das Travesas
O alcalde avanzou este proxecto así como o inicio das obras na contorna de Calexón Balado e no Parque Nelson Mandela. “Seguimos no máximo nivel de humanizacións”, apunta, “con 107 millóns de euros en execución” en obras na cidade
Tal e como adiantou Caballero, o próximo mes de setembro comeza a obra da mellora da piscina de Travesas cun orzamento de case 700.000 euros co obxectivo de mellorar as instalacións térmicas e eléctricas da piscina con novas caldeiras e bomba de calor e medidas de eficiencia enerxética.
Ademais, segue en marcha o proxecto de mellora da nova piscina de Teis, danada tras o incendio sufrido hai uns meses, e que ten un orzamento de 84.000 euros.
O goberno municipal iniciará tamén en setembro as obras da contorna de Calexón Balado, unha vía de uso peonil situada entre as rúas de Rosalía de Castro e Areal, cun importe previsto superior aos 300.000 euros. “Imos facer unha praza como corresponde”, apuntou o alcalde, coa renovación da pavimentación, das redes de abastecemento, dos colectores de fecais e pluviais e a humanización do espazo con xardinería, farois, elementos decorativos, mobiliario e sinalización.
A previsión municipal é iniciar nas próximas semanas a mellora e acondicionamento do Parque Nelson Mandela de Navia cun presuposto de 1,5 millóns de euros “unha obra excepcional”, sinala Caballero, que pretende a máxima integración na contorna urbana desde un punto de vista paisaxístico e que mellorará o aproveitamento dos espazos coa reordenación do parque por zonas: auditorio ao aire libre, xogos de Teqball, zona canina, labirinto vexetal, zonas de relax e lectura, zonas de esculturas…

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217