Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Viernes, 25 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación inviste 115.000 euros para levar a enerxía aerotérmica a edificios municipais das Neves e Catoira

As escolas Unitaria e Infantil de Dimo (Catoira) e o Concello e o Centro Cultural das Neves beneficiaranse dun aforro de emisións de dióxido de carbono superior ao 50%

A Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación as obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios municipais de Catoira e As Neves. O proxecto de instalacións de aerotermia sostibles enmárcase no programa de axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), dentro do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. A actuación será financiada ao 85% polo IDAE, ao 8% pola Deputación de Pontevedra e ao 7% polos concellos.

 

O obxectivo desta actuación, na que se investirán máis de 115.000 euros, é realizar as instalacións de aproveitamento da enerxía aerotérmica na Escola Unitaria e a Escola Infantil de Dimo, en Catoira, e na Casa do Concello e o Centro Cultural das Neves. Con isto, a Deputación busca favorecer o desenvolvemento de proxectos que reduzan as emisións de CO2, implantando medidas de aforro e eficiencia enerxética, e tamén favorecer o uso de fontes de enerxía renovables que contribúan ao desenvolvemento económico local. Ademais, tamén se reformarán as instalacións hidráulicas e eléctricas existentes.

 

No caso de Catoira, a instalación de aerotermia proxectada consiste nun sistema de caudal de refrixerante variable cunha unidade exterior, común para ambos os dous edificios, cunha potencia calorífica de 40 kW e frigorífica de 45 kW e recuperador de calor de 1.200 m3/h para cada edificio. A instalación dará servizo ás 8 unidades interiores de chan instaladas (seis nos dous andares da Escola Infantil e dúas na Escola Unitaria, de planta única). As reformas reducirán as emisións en case un 57%, pasando de 42 a 18 quilogramos de Co2 por metro cadrado ao ano. Con isto, ademais, a cualificación enerxética dos inmobles pasará de E a B. Os traballos superarán os 52.000 euros.

 

En canto ás instalacións das Neves, a instalación consistirá na instalación dunha unidade exterior común, tamén con sistema de caudal de refrixerante variable, cunha potencia calorífica de 63 kW e frigorífica de 56 kW. A nova instalación permitirá que as emisións se reducen nun 55% na Casa do Concello en un 56% no Centro Cultural, pasando de 32,9 a 14,8 kg de CO2 por metro cadrado ao ano, no primeiro caso, e de 36,1 a 15,7, no segundo. A cualificación enerxética pasará de C a A. Neste caso, o investimento chega aos 62.500 euros.

 

As empresas interesadas en concorrer á licitación da asistencia técnica de ambos proxectos teñen de prazo ata o martes 29 de agosto ás 10:00 horas a través do portal de licitación electrónica da Deputación de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.