TURISMO
Máximo histórico de ocupación nos establecementos hoteleiros galegos
O bo comportamento da demanda e dos niveis de ocupación acontece nun contexto de incremento das tarifas hoteleiras, o que conleva melloras notables dos niveis de rendibilidade no sector
Galicia rexistrou nos sete primeiros meses deste ano 2023 un incremento dun 8% no número de turistas e nun 6% no número de noites. Este notable incremento permite aos establecementos hoteleiros de Galicia situarse por encima dos niveis previos á pandemia, acadando con isto un máximo da serie histórica neste período de sete meses.
O incremento do nivel de demanda en relación ao pasado ano acontece nun contexto no que o volume de oferta sobe nun 2% de media. As tarifas hoteleiras superan nun 4% en comparación co ano pasado e nun 17% a cifra de 2019-, acadando tamén a cifra máis elevada da serie histórica.
O 72% das noites hoteleiras corresponden ao turismo de ámbito nacional, segmento no que ten un maior peso o receptor -españois que proceden doutras comunidades autónomas co 48% do total-. O mercado interno, dos residentes en Galicia, absorbe o 24% neste caso.
O forte incremento do turismo estranxeiro permite acada un máximo da serie histórica dos primeiros sete meses do ano tanto en volume -con preto de 1,4 millóns de noites- como en peso -co 28% do total da demanda-.
Os establecementos hoteleiros das provincias de A Coruña, Lugo e Ourense conseguen superar os niveis de 2019, acadando as dúas primeiras as cifras máis elevadas da serie histórica con máis de 2,2 millóns de noites en A Coruña e 611.000 noites en Lugo.
Co 45% das noites hoteleiras A Coruña lidera o mercado turístico hoteleiro nos primeiros sete meses do ano. Seguen a continuación Pontevedra, co 35%, Lugo -co 12%- e Ourense -co 7% do total neste caso-. Mantense neste período a concentración da demanda nas provincias do litoral atlántico -o 80% das noites localízanse en A Coruña e Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149