SALVATERRA DE MIÑO
Mellora de camiños municipais no concello de Salvaterra de Miño
A mellora do accesos en Coto e o Couto ten unha inversión total de 66.750,86 euros.
Iniciada a licitación para a mellora de accesos en Coto (Oleiros) e o Couto (Salvaterra) a través do Plan Camiños 2023-2024, financiada mediante a subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais por un importe de 55.166 euros (a dividir entre os dous anos), asumindo o Concello o valor restante de 11.584,86 euros.
O Concello segue co plan de mellora da súa rede viaria, neste caso coas obras de mellora de drenaxe e pavimentación de dous camiños municipais de acceso aos lugares de Coto, na parroquia de Oleiros e O Couto, na parroquia de Salvaterra, que nestes momentos se atopan nun estado de notable deterioro. Con estas obras o que se pretende é mellorar a calidade e a seguridade dos viais. Ademais no tramo do Coto en Oleiros executarase un tramo de cuneta revestida de formigón para dar solución a evacuación das augas pluviais no vial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217