Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 26 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Aberta a licitación para as obras de mellora do camiño do Outeiro en Tabagón

Pódese consultar toda a información na sede electrónica do Concello do Rosal

O Concello do Rosal ven de sacar a licitación para as obras de mellora do Camiño do Outeiro en Tabagón,  que xa está dispoñible na sede electrónica do Concello. O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 12 de setembro.


Estas obras de mellora na travesía dereita do Outeiro e no Camiño do Outeiro en San Xoán de Tabagón (preto da Igrexa) inclúen traballos de limpeza da superficie do pavimento e asfaltado, así como a limpeza e desbroce das cunetas.


Esta é unha zona de especial sensibilidade patrimonial, pola proximidade da Igrexa parroquial de San Xoán, así como a fonte-lavadoiro de Paradela. Nas proximidades do lavadoiro colocarase adoquín de granito, para que o acabado resulte máis coidadoso con este elemento patrimonial, e colocaranse bandas reductoras para que os vehículos minoren a velocidade e, así, mellore a seguridade viaria na zona.


Cun orzamento de máis de 50.000 euros, esta actuación afonda na aposta estratéxica do Concello de mellorar os camiños rurais, para mellorar as infraestruturas viarias, así como reforzar a seguridade de condutores e viandantes nos núcleos de poboación con gran paso de vehículos. As obras están financiadas a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais 2023-2024 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.