Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Lunes, 28 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis dun millón de euros para iluminación sostible en dez concellos

A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, Silleda e Tomiño beneficiaranse dun aforro enerxético do 40% neste proxecto, financiado con fondos europeos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar conta da concesión de máis dun millón de euros procedentes de fondos europeos para financiar a renovación de instalacións de iluminación exterior sostible en dez concellos da provincia, que contan cun orzamento total de preto de 1,2 millóns de euros. Deste xeito, como explicou o vicepresidente, Rafa Domínguez, a institución provincial obtivo estes fondos europeos do programa DUS-5000 a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía), o que supón o 85% do orzamento.

 

Rafa Domínguez destacou a importancia destes proxectos polo seu investimento “e porque permiten afondar no aforro enerxético, algo tan importante nesta sociedade”. Beneficiaranse os concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, Silleda e Tomiño, nos que se substituirán máis de 1.600 puntos de luz por novas luminarias con tecnoloxía LED de última xeración e alta eficiencia, conseguindo un aforro enerxético de arredor do 40%.

 

O vicepresidente provincial sinalou que grazas a este proxecto da Deputación de Pontevedra conseguirase “un importantísimo aforro enerxético que reducirá as emisións e tamén aforrará moitos cartos aos concellos”.

 

Ademais, en sete destes concellos (Cerdedo-Cotobade, Dozón, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Silleda e Tomiño) reformaranse 41 cadros de mando para adaptalos á normativa actual. A Deputación instalará neles un sistema de telexestión que permitirá obter e xestionar información detallada sobre consumos, mantemento e fluxos luminosos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.