Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Lunes, 28 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Programa da Deputación “Tras as Ameas” pecha o seu ciclo de actividades co contacontos ‘Lingoreteira’

A última actividade do programa levarase a cabo este martes 29 de agosto da man da compañía Xarope Lulú no castelo de Sobroso, e xa conta con todas prazas cuberta

O Castelo de Sobroso en Mondariz acolle este martes 29 de agosto o peche da actual edición do programa da Deputación de Pontevedra “Tras as ameas”. O espectáculo de contacontos ‘Lingoreteira’, da man de Xarope Tulú, será a encargada de poñer punto e final a este ciclo a partir das 19:00 horas nos xardíns da fortaleza e xa conta con todas as prazas esgotadas.

 

‘Lingoreteira’ é unha homenaxe á parte máis charlatana de cada persoa que mantén viva a transmisión oral dos contos. Dirixido a un público familiar, combina a narración oral, a música e a manipulación dunha marioneta, para pór en valor a lingua mediante as historias. En escena, unha narradora e un músico nos fan viaxar por novos camiños a través da música e da palabra.

 

Con oito anos de actuando nos escenarios, Xarope Tulú é unha compañía comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e a mocidade. As súas propostas están ligadas á narración oral, ao teatro de obxectos, á interpretación actoral e á música. Actualmente a compañía, composta pola actriz Atenea García e o escenógrafo e músico Nicolás Zamorano, conta con varios espectáculos en cartel como ‘Nómades’, ‘Rilla-Rilla’ ou ‘Roupa Tendida’.

 

Con ‘Lingoreteira’ conclúen as 13 actividades deste ciclo de “Tras as ameas”, unha iniciativa cultural e familiar da Deputación de Pontevedra que ten como obxectivo dinamizar os espazos dos castelos de Soutomaior e Sobroso a través da organización de concertos, obradoiros, contacontos ou espectáculos escénicos. As accións dividíronse en cinco bloques: ‘Noite no castelo’ (accións nocturnas), ‘Música con historia’ (concertos para público familiar), ‘Nin príncipes nin princesas’ (contacontos), ‘O teatro vén de visita’ (teatro de rúa), ‘Creando no xardín’ (obradoiros participativos de arte), ‘Vaia circo este castelo!’ (espectáculos de circo exterior) e ‘Entre muros de maxia!’ (espectáculos de maxia).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.