Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 23 de Abril de 2026 a las 09:32:09 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 31 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Club Andatui Organiza a Segunda Edición de "De Fortaleza en Fortaleza"

Será o vindeiro 23 de setembro

O Club Andatui ven de anunciar a celebración da segunda edición de "De Fortaleza en Fortaleza", un evento de lecer que mestura sendeirismo co turismo histórico, ofrecendo aos participantes a oportunidade única de explorar cinco fortalezas defensivas situadas na fronteira máis antiga de Europa.

 

Nesta ruta de aproximadamente 23 quilómetros, os asistentes terán a ocasión de visitar cinco impresionantes fortalezas defensivas que se erguen á beira do río Miño. A xornada de sendeirismo incluirá visitas guiadas ás fortalezas de Tui, Valença, San Francisco de Lovelhe, o castelo de Vila Nova de Cerveira e San Lourenzo de Goián. Estas cinco fortalezas pertencen a catro vilas distintas (Tui, Valença, Vila Nova de Cerveira e Tomiño), que xuntas conforman dúas Eurocidades, dous países, tres linguas e todas elas unidas polas augas do río Miño.

 

As visitas ás cinco fortalezas, que terán unha duración aproximada de vinte minutos cada unha, estarán guiadas polo historiador Suso Vila, un recoñecido experto en arquitectura defensiva de ambos os lados do último tramo do río Miño.

 

A xornada dará comezo ás 08:30 horas na praza da Inmaculada de Tui, onde se realizará unha visita ás murallas da cidade. A continuación, os participantes emprenderán unha camiñada ata a fortaleza de Valença, onde terán a oportunidade de coñecer a súa historia. Despois da visita, seguirán o percorrido pola ecovía que discorre ao longo do río Miño ata chegar á Área Recreativa da Lenta, en Vila Nova de Cerveira, onde se realizará un xantar. Pola tarde, as visitas guiadas continuarán co forte de San Francisco de Lovelhe, o castelo de Vila Nova de Cerveira e o forte de San Lourenzo en Goián. Ao rematar as visitas, os autobuses levarán aos participantes de volta ao punto de partida en Tui.

 

Toda a información sobre o evento, así como o formulario de inscrición, está dispoñible na páxina web do Club Andatui: www.andatui.es. Unha oportunidade única para explorar a riqueza histórica e natural desta rexión fronteiriza a través dunha xornada de sendeirismo e descubrimento.

 

[Img #83643]

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.