Martes, 09 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 30 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Unha sentenza pioneira determina a "discriminación" en COPO IBÉRICA a favor dos contratos temporais

O xulgado do social número 6 de Vigo emitiu unha sentenza pioneira na que dá a razón á Central Unitaria de Traballadoras (CUT) nunha demanda por vulneración de dereitos fundamentais e discriminación cara ás persoas con contrato eventual na empresa COPO IBÉRICA, do sector automoción.

 

A sentenza detalla que as persoas traballadoras con contrato eventual en COPO IBÉRICA, unha empresa de automoción situada no Concello de Mos, foron excluídas da negociación do calendario vacacional. Isto resulta nunha situación na que estas persoas non teñen outra opción que gozar das súas vacacións cando a empresa decide unilateralmente. O maxistrado resalta que esta situación constitúe unha discriminación evidente en comparación coas persoas que posúen contratos indefinidos, constituíndo unha vulneración clara dos seus dereitos fundamentais.

 

A Central Unitaria de Traballadoras (CUT), entidade sindical que prioriza as persoas traballadoras con condicións laborais menos estábeis, presentou esta demanda. A pesar de que outro sindicato presente no comité de empresa respaldou o calendario vacacional e defendeu a posición de COPO IBÉRICA durante o xuízo, a CUT conseguiu demostrar que todas as persoas traballadoras deben ter os mesmos dereitos, sen importar o tipo de contrato.

 

A sentenza básase na Directiva 1999/70/CE do Consello da Unión Europea de 28 de xuño do 1999, que establece na súa cláusula 4: "Por lo que respecta a las condiciones de trabajo, no podrá tratarse a los trabajadores con un contrato de duración determinada de una manera menos favorable que a los trabajadores fijos comparables por el mero hecho de tener un contrato de duración determinada, a menos que se justifique un trato diferente por razones objetivas."

 

A discriminación en base á duración do contrato é unha práctica común en moitas empresas. Esta sentenza pionaira marca un paso significativo cara á igualdade de trato das persoas traballadoras, independente do seu tipo de contrato, e representa unha base sólida para futuras accións en defensa dos dereitos laborais e contra a discriminación.

 

 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.