Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 28 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Concello de Ponteareas presenta o seu programa para as festas de setembro

A Alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, presentou esta mañá o cartel das festas de setembro, A Nosa Señora dos Remedios e San Miguel. O programa, que aínda ten citas por pechar, abrangue actos para todas as idades, nenos, adultos e familias, e de índole diversa para todos os gustos polo que se celebrarán eventos culturais, deportivos, lúdicos e musicais do 1 de setembro ao 1 de outubro.


Algúns dos exemplos máis destacados son o concerto Gala Lírica de Zarzuela “Soutullo na Ialma”, a XV Feira Tradicional dos Remedios, o LV Concurso  Rexional de Gaitas do País, que rende homenaxe a Antonio Cabaleiro, ou a actuación Camiñantes e Cantantes presentada por Manuel Manquiña e Pepo Suevos.


A oferta deportiva comezará o venres, día 1 de setembro, co XIV Torneo de Tenis, ao que seguirán xornadas de bádminton, carreira pedestre, ciclismo, xadrez, fútbol, petanca e hóckey.


Ademais das habituais noites de verbena, haberá visitas guiadas polo casco vello de Ponteareas, o cemiterio ou o castro de Troña así como obradoiros infantís de cociña, artesanía ou xogos tradicionais.


Unha ampla oferta de actividades co obxectivo de ofrecer aos veciños e veciñas unha forma de reunión, diversión e entretemento.


En total, máis de 50 actividades repartidas ao longo dun mes, nas que o ocio e desfrute serán os grandes protagonistas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.